Portrait
ORQUESTRA BARROCA DE GALICIA
Desde mediados do século XX o movemento da música antiga vén crecendo en tamaño e calidade. Desde os seus modestos inicios, coa interpretación da música do período barroco con instrumentos orixinais e no estilo propio da época, ten colectado un grande éxito tanto no aspecto estético como no comercial. Actualmente as salas de concerto máis importantes dentro do panorama musical inclúen concertos e óperas con este tipo de agrupacións históricas.
Os músicos da Orquestra Barroca de Galicia queren sumarse a este acontecemento musical coa creación de unha orquestra que empregue criterios historicistas nas súas interpretacións. Os seus músicos son todos especialistas neste campo e colaboran regularmente coas mellores formacións musicais de nivel internacional.
O repertorio musical da OBG inclúe música orquestral e óperas dos séculos XVIII e XIX, cun especial interese na recuperación do patrimonio musical español e galego en particular.
No plano da educación, e por mor da imposibilidade de realizar estudos regrados de música antiga na comunidade autónoma de Galicia, a OBG ofrece a estudentes e músicos profesionais galegos –mediante a creación de clases maxistrais e cursos de música especializados– a posibilidade de participar activamente, como parte integrante da orquestra, nos diversos proxectos que se realicen.
Repertoire:
La serva padrona G.B. Pergolesi( Ópera)
Stabat Mater de G.B. Pergolesi
Mesías de Händel
Las siete últimas palabras de Cristo de Haydn
Réquiem de Mozart
Orfeo de Gluck(Ópera)
Zaïde de Mozart(Ópera)
Il re pastore de Mozart(Ópera)
La scala di seta de Rossini(Ópera)
Programa de arias de Mozart con soprano.
Programa de arias de belcanto con soprano.

