Musiciens
Toni Salar-Verdú: Dirección musical
Director artístico do Mörike Ensenmble e primeiro clarinete da orquestra alemá Concerto Köln. Inicia os seus estudos musicais en Alacante, continuándoos en Madrid e Salamanca. Posteriormente especialízase na práctica do clarinete histórico (Master en música de cámara e solista) no Real Conservatorio de A Haia. Así mesmo, estudou en Namur (Bélxica) dirección de orquestra nas aulas de Guy van Waas. Realiza un importante labor dentro da música de cámara con formacións como o Nachymusique, Manheim Quintet ou o dúo formado coa fortepianista Chie Hirai.
Na súa actividade como músico independente colabora con orquestras e grupos que seguen criterios historicistas nas súas interpretacións: Orquesta del S. XVIII, Anima Eterna, The Kings Consort, La Petite Bande, Orchestre des Champs-Elysées, Estil Concertant, Concerto Italiano, Das Neue Orchester, Orquesta Barroca de Sevilla, De Nederlandse Bach Vereningen, Die Kölner Akademie, Al Ayre Español, Freiburger Barockorchester, Orquestra Barroca de Estocolmo, Orquestra barroca de Catalunya, Akademie für Alte Musik Berlín, L’Ensemble Baroque de Limoges, Les Agrement, Orquestra barroca de Noruega, Pacific Baroque Orchestra Vancouver, colaborando así mesmo en diferentes producións discográficas e actuando nos máis renomeados festivais de Música Antiga.
Do ano 2000 ao 2005 foi profesor do Curso Internacional de Música Martín Códax de Cuenca e así mesmo ten impartido clases maxistrais na Escola de Música de Brasilia (Brasil). En xullo de 2007 participará como profesor convidado do Curso Internacional Międzynarodowa Letnia Akademia Muzyki Dawnej de Varosovia-Wilanowie. Colabora coa Revista da Asociación Española para el Estudio y el Desarrollo del Clarinete (ADEC).
Especializouse na recuperación de obras descoñecidas dos séculos XVIII e XIX. Colabora neste traballo coas mellores formacións orquestrais de Europa e dan boa conta disto as súas últimas gravacións discográficas, que teñen recollido as mellores críticas da prensa internacional.
www.clarinetoni.com

